21 de junio de 2012

Episodio I, Segunda parte

1.2: Tribulacións dunha ninja. 

É unha noite escura e tormentosa, ou polo menos houbera querido que así fose, aínda que o certo é que no antro que teño por habitación, con tódalas luces apagadas e rodeada só por un puñado de candeas, ben se pode consegui-la mesma atmosfera, de non ser polo ambiente cargado que se respira, froito dunha mala ventilación, posto que a única ventá da que dispoño permanece pechada dende que me mudei a este cochambroso piso para vivir con Xesta; para non quitarlle os ollos de enriba, por suposto, aínda que iso supuña renunciar a tódalas comodidades que lograra atesourar ó longo da miña fructífera carreira como espía e asasina profesional, porque sí, iso é o que son, unha ninja… pero iso carece de toda importancia comparada ca misión que teño entre mans… Sí… a misión… Por ela renunciei a tantas cousas… Pero non ten importancia… ¿verdade? Non, claro que non. A vinganza… iso é o único que rixe a miña vida, o único que me guiará e me dará a gloria que merezo e o descanso para os meus. 
- Aaaah... ¡¡Afogo!! Debería, debería… - as tenues sombras que se siluetean enfronte miña e que conforman o tumulto dos obxectos desordenados que se acumulan ó meu redor empezan a bailar e arremuiñarse, perdéndose polo rabillo dos ollos mentres inconscientemente me levanto e me precipito hacia a ventá coa clara intención de tira-la cabeza fóra e respirar algo de aire que, se ben non é o fresco ar das fragas que gozaba respirar mentres entrenaba en soidade… Se ben debía conformarme ca podredume que flotaba sobre Vedraville, con ese insoportable fedor químico e… humano… agghhh… En fin, neste momento calquera cousa mellor que o ar viciado… non… gas soporífero que me asfixia… case…case… 
- ¡Non! - berro de súpeto mentres me boto cara atrás con forza - ¡Ah! A misión… a misión… non debo... abri-la ventá ou botarei por terra… agh… – Sen poder facer nada por remedia-la miña precaria situación arrástrome lastimosamente ata o recuncho no que levo vivindo por máis de tres días… Rebusco entre os papeis cheos de garabatos e letras inintilixibles e os restos de envases de comida e latas.
- ¡Merda! Xa a volvín perder… – palpo o chan emporcallado cando as miñas mans se topan cun obxeto pequeño, duro e metálico, os meus dedos aférranse arredor del con forza… -¡Hum! Un kunai, calquera día destes heime cortar… – iso faime recordar... Collo un dos periódicos atrasados que teño ciscados por ahí – Debo estar informada dos movementos inimigos, ainda que sexan uns insignificantes humáns – Abro unha páxina calquera e achego o papel á chama vacilante da candea, baixo risco de incendia-lo cuarto, para recoñece-los titulares que xa me son tan familiares. – Non se cansan ¿eh?... parece que non lle collen as papas na boca ao falar da rede de asasinatos que asulagaban Vedraville, ó parecer hai un asasino solto pola cidade... Seica aparecían cadáveres cada mañá...–  ríome para os meu adentros mentres lle dou vóltas ó kunai na man ju jujuju ¡merda! Xa me volvín cortar… 

Levántome non sen certa dificultade e achégome á estantería que cubre por completo un dos paños do cuartucho, deixo o kunai con suavidade na funda onde descansan o resto das armas arroxadizas e quédome un anaco embobada mirando a colección de armas que me axudarán a levar a cabo a miña vinganza mentres me levo o dedo á boca... mmmmm, sangue ¡Matarei a calquera que se interpoña no meu camiño! Volvo mira-lo papel... conxeturas, palabrerías… ¡bah! Non teñen nada. Tiro co periódico lonxe de min e afánome en remata-lo bordado no que levo traballando durante días mentres me mezo canturreando entre dentes….
- ¡Simonaaaaaaaa! ¡Joder! ¡En esta casa se cena a las nueve y lo sabes! – Grrrrrr…. Jodida Xesta e seu puto barullo, parece que non sabe falar se non é berrando, o que hai que facer para aniquilala…. Ahhhh!!! Nin sequera me gusta a comida, bótalle demasiadas especias… ¡nin que estivéramos en Marrocos!